Berro Seco está levando a cabo unha xeira de charlas-coloquio en diferentes lugares de Galiza para dar o coñecer o borrador do Acordo Internacional da OMS sobre Pandemias que está en proceso de negociación e que pretenden aprobar na Asamblea Mundial da Saúde no mes de maio deste ano.
O colectivo Berro Seco na defensa dos dereitos e liberdades somos un grupo de persoas diversas, tanto vacinadas coma non vacinadas, mais que coincidimos desde principios de esquerda na reivindicación dunha sociedade composta por seres libres, iguais e co dereito a decidir, individual e colectivamente, e de modo democrático, sobre os diferentes ámbitos da vida.
luns, 29 de xaneiro de 2024
martes, 23 de xaneiro de 2024
NON AO TRATADO DE PANDEMIAS
Sobre o acordo internacional de pandemias da Organización Mundial da Saúde.
A Asemblea Mundial da Saúde que é o máximo órgano de decisión
da Organización Mundial da Saúde (OMS) en decembro do 2021 aprobou poñer en
marcha “un acordo internacional vinculante sobre prevención, preparación e
resposta ante unha pandemia”.
Para redactar e negociar o borrador do texto, que se vai someter á aprobación por parte da Asemblea Mundial da Saúde no mes de maio deste ano 2024, constituíuse un “Órgano Internacional de Negociación”, que está formado por un/unha representante de cada unha das seis rexións da OMS.
Berro Seco leva traballando nesta cuestión dende o inicio deste proceso.
Berro Seco leva traballando nesta cuestión dende o inicio
deste proceso e foi impulsor xunto con outros colectivos do Estado da campaña
“a nosa saúde non é un negocio” https://saludnonegocio.wordpress.com que ten por obxectivo informar do que está en xogo neste proceso de negociación
que se está dando sen transparencia nin debate social.
O acordo que ao ser vinculante vai supoñer a perda de competencias á hora de definir, políticas de saúde en caso de pandemias.
A estas alturas nin partidos políticos, nin sindicatos, nin institucións parecen preocuparse por un proceso no que o goberno do Estado e, entendemos que, co consentimento das Comunidades Autónomas está negociando un acordo que ao ser vinculante vai supoñer a perda de competencias á hora de definir, políticas de saúde en caso de pandemias e que ademais como ben sabemos por experiencias vividas nos tempos do COVID teñen moitas outras repercusións na vida das persoas.
O último borrador do acordo que coñecemos é do mes de outubro
do 2023. Abarca moitas cuestións, pero por razóns de espazo e pola amplitude e
diversidade das mesmas, so imos comentar algunhas:
Como dicimos o acordo, en proceso de negociación, é un acordo
internacional vinculante isto significa que as súas decisións van estar por
enriba das lexislacións do Estado e das Comunidades Autónomas, polo que nos
atopamos ante unha cesión de competencia en materia de políticas de saúde
relacionada coas pandemias, que nos priva como pobo de exercer o
noso dereito a decidir as políticas que consideremos, ao tempo que nos afasta
cada vez máis ás persoas do lugar onde se toman decisións que van afectarnos no
día a día. Isto resulta moi convinte para os gobernos, pois cando queiramos
respostas a ou esixamos cambios en medidas concretas, dirannos que son medidas
que veñen da OMS e que non se pode facer nada, igual que sucede agora mesmo
coas medidas que se aproban nas institucións da Unión Europea. Ninguén se acordará que foron os gobernos e
os Parlamentos os responsábeis de ceder as nosas competencias.
A aceptación deste acordo, ao ser vinculante, os Estados que o ratifiquen obríganse a aplicar as medidas que decida a OMS en caso de pandemia, co que terán cobertura legal para aplicalas aínda que vulneren dereitos.
Ao igual que no caso doutros tratados internacionais
vinculantes, no texto prevese como actuar en caso de controversias, é dicir en
caso de que os desacordos que poda haber entre as partes non se cheguen a
resolver por vía diplomática, será obrigatorio someter a controversia á Corte
Internacional de Xustiza ou a un “arbitraxe especial de acordo cos
procedementos que adopte a Conferencia das Partes” E dicir recorrer a unha
figura establecida polos mesmos que xestionan o acordo.
A aceptación deste acordo, ao ser vinculante, os Estados que
o ratifiquen obríganse a aplicar as medidas que a OMS decida en caso de
pandemia, co que terán cobertura legal para aplicalas aínda que vulneren
dereitos.
O acordo suporá tamén unha uniformación das medidas, dos
medicamentos e da xestión da enfermidade unha vez que a OMS declare unha
pandemia. Xa que o que até o presente eran recomendacións da OMS, pretenden
convertelas en medidas de obrigado cumprimento.
Entendemos que a cesión de competencias vai afectar tamén en
materia de políticas de sanidade animal mediante a aplicación do principio de unha
soa saúde que se recolle no acordo. O tratado establece o compromiso para
os Estados que o ratifiquen de elaborar normas e directrices internacionais
para previr a enfermidades zoonóticas. Isto dito así, pois parecería non dicir
nada, pero vista toda a experiencia que temos, en primeiro lugar vai supor
incrementar e incluso obrigar a tratar sistematicamente aos animais, ou ao
sacrificio masivo destes.
Entendemos que a cuestión de introducir competencias sobre a
sanidade animal non é un asunto menor, pois pode converterse nunha desculpa recorrente que intenten situar nos animais a
orixe de enfermidades graves provocadas polos experimentos legais ou ilegais
que se escapen dos laboratorios nos que se estea investigando con patóxenos. O artigo 1 do texto entre os termos empregados aos efectos do Acordo da OMS sobre pandemias menciona a Rede Internacional de Laboratorios coordenada pola OMS, para levar a cabo vixilancia de patóxenos con potencial
pandémico, e para avaliar o risco de patóxenos emerxentes con potencial
pandémico e para axudar nas medidas a tomar na preparación fronte a pandemias.
En segundo lugar nada vai impedir que no caso de que decidan
que un brote zoonótico nun determinado país é ou pode ser causante dunha
pandemia, obriguen a tratar ou a vacinar os animais masivamente, a limitar o comercio ou mesmo a sacrificar
cabanas gandeiras.
Entendemos tamén que o acordo, mediante o establecido no
artigo 14 do texto, pretende acortar os prazos poder comercializar un
medicamento mediante o que denominan axilización das aprobacións e
autorizacións e tamén para a posta en marcha dun mercado internacional de
medicamentos mediante a harmonización de requisitos e procedementos técnicos e
regulamentarios, incluída a confianza na regulamentación e o recoñecemento
mutuo.
Obrigará, así mesmo, aos Estados para asegurarse de que
dispón dos marcos xurídicos, administrativos e financeiros para levar a cabo as
aprobacións regulamentares dos produtos relacionados coas pandemias durante
unha pandemia.
Neste contexto, entendemos que a Rede Mundial da Cadea de Subministro
e Loxística (Rede CSL da OMS) que se contempla no artigo 13 do acordo será a
que facilite a distribución dos produtos e medicamentos necesarios nunha
situación de pandemia e que con toda probabilidade serán producidos polos
mesmos grupos privados que financian maioritariamente á OMS e coa vantaxe de
que con todo o establecido no artigo 14 non haberá ningunha traba para que
circulen libremente a nivel mundial.
Outra cousa que nos preocupa e que os Estados terán que
establecer, segundo o artigo 15 do tratado,
nun prazo de dous anos
“mecanismos de compensación sen culpa por danos provocados polas vacinas
para promover o aceso a unha reparación financeira para as persoas que
experimenten eventos adversos graves resultantes das vacinas ante-pandémicas”
O negocio é redondo, as Grandes farmacéuticas sen trabas nin
responsabilidade conseguirán autorizacións en pouco tempo para poñer no mercado
produtos e vacinas pouco testadas; a poboación seremos os coelliños de indias e
non lle costará nada. Terán aseguradas as vendas e as compensacións polos danos
a través do erario público. O dito, negocio redondo.
Ao tempo intentan asegurarse de silenciar e combater as voces
críticas porque todo o que non sexa o que a OMS defina non será ciencia e, polo
tanto, será información falsa. Inventan
un novo termo “infodemia” que ven a substituír o que definiron como
desinformación cando a xestión do coronavirus. O debate científico será substituído
polas consignas ditadas polo gran capital a través de Foros como o de Davos ou
outros, onde un dos convidados de interese será o Director Xeral da OMS, que con este tratado pasa xa a converterse
nun instrumento ao total servizo do gran capital e das grandes corporacións
económicas e farmacéuticas e das fundacións que ambas controlan.
Berro Seco entende que este tema debería estar no debate público, sobre todo agora que estamos en campaña electoral.
Estas son algunhas consideracións, no texto hai moito máis
polo que preocuparse.
Berro Seco entende que este tema debería estar no debate público.
A Xunta de Galicia e o goberno do Estado deberían estar dando información veraz
e transparente á sociedade e incentivando o debate. Os partidos políticos e
máxime en campaña electoral como estamos agora na Galiza, deberían explicar
claramente ao electorado cal é a súa posición. Os deputados e deputadas
deberían estar levando este asunto aos Parlamentos. E os Sindicatos e
organizacións sociais deberían estar fomentando a divulgación e o debate. E se
non o fan deberían responder por que razón non é do seu interese un asunto que
tanto vai impactar nas competencias á hora de elaborar as políticas públicas
nesta materia e, tamén no noso día a día e, non só no ámbito da saúde.
Sabes a quen lle estás confiando a túa saúde?