Publicacións populares

xoves, 13 de marzo de 2025

BERRO SECO, fai un chamamento a participar na mobilización anti-OTAN en Ferrol.

 




Desde Berro Seco facemos un chamamento á participación na mobilización de Ferrol, que será o dia 16 ás 13:00 h na Praza Vella, diante do arsenal, así como nos actos que o movemento antiotan de Galiza poida organizar no futuro.

A Coordinadora estatal contra a OTAN, CECOB, lanzou unha campaña  de mobilizacións arredor do dia 12 de marzo, aniversario do falso referendo  de 1986, e tendo en conta a complicada situación en que os gobernos dos países occidentais nos están metendo.

Na nosa terra todos os movementos anti-otan convocan diferentes mobilizacións para estas datas centradas na reivindicación da paz, na oposición ás guerras e na denuncia do gasto militar en detrimento dos servizos sociais públicos. Estas mobilizacións foron a nivel local o pasado dia 12, nas que Berro Seco participou, e unha nacional que será o próximo domingo dia 16 en Ferrol.

As mobilizacións son contra a situación de conflito e guerra colonial ca que occidente tenta someter a todo o mundo alí onde corre o risco de perder o control sobre os países, e polo tanto sobre as súas riquezas: Ucraína, Asia Occidental, o Sahel, ...

A UE está a perseguir o enfrontamento armado obstinadamente e non lle importa nin o diñeiro nin as vidas humanas que isto coste (mocidade traballadora), para conseguir os seus obxectivos. Queren revitalizar a industria armamentística e elevar os orzamentos para a guerra de 2 ao 5 % do PIB, unha verdadeira animalada que irá á costa do gasto social en cousas coma sanidade, educación, dependencia, pensións, etc.

 

Xunta Directiva de Berro Seco.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BERRO SECO, fai un chamamento a participar na mobilización anti-OTAN en Ferrol.

  Desde Berro Seco facemos un chamamento á participación na mobilización de  Ferrol , que será o  dia 16 ás 13:00 h na Praza Vella, diante d...