Desde o Colectivo Berro Seco unímonos a INDIGNACIÓN COLECTIVA que se está a dar entre a cidadanía por causa da masacre de Melilla. Entendemos que o acontecido pode ser constitutivo dun crime de lesa humanidade e exiximos unha investigación internacional independente que supoña sentar diante da xustiza aos culpables directos e aos que deron a orde e consentiron os feitos denunciados.
As declaración de PEDRO SANCHEZ aplaudindo a actuación policial e negando a gravidade do acontecido lévanos a pedir a súa inmediata DIMISIÓN como presidente do Goberno Español a vez que lle exiximos que aclare que escuros acordos ten co rei e goberno de Marrocos que o levan a xustificar o asasinato de persoas, a romper os acordos de décadas que o Estado Español tiña sobre o Sáhara e a enfrontarse con Alxeria poñendo en perigo o subministro de gas.
Por outra banda RECLAMAMOS ao conxunto da cidadanía do Estado e mais concretamente á cidadanía galega para que non se deixe manipular e:
-Se sitúe do lado das persoas inmigrantes e exixindo o recoñecemento dos seus dereitos humanos.
-Denuncie a barbaridade do acontecido na fronteira de Melilla e exixa responsabilidades polo acontecido e pola súa xustificación.
-Participe activamente nas concentracións convocadas para este fin de semana polas organización sociais e as comunidades inmigrantes de Melilla en todo o territorio do estado.
-Asine o manifesto de apoio e denuncia do acontecido na fronteira de Melilla.
ADHESIÓN AL COMUNICADO DE DENUNCIA UNIFICADO (google.com)