Publicacións populares

xoves, 30 de xuño de 2022

PEDRO SÁNCHEZ: DIMISIÓN



 



Desde o Colectivo Berro Seco unímonos a INDIGNACIÓN COLECTIVA que se está a dar entre a cidadanía por causa da masacre de Melilla. Entendemos que o acontecido pode ser constitutivo dun crime de lesa humanidade e exiximos unha investigación internacional independente que supoña sentar diante da xustiza aos culpables directos e aos que deron a orde e consentiron os feitos denunciados.

 

As declaración de PEDRO SANCHEZ aplaudindo a actuación policial e negando a gravidade do acontecido lévanos a pedir a súa inmediata DIMISIÓN como presidente do Goberno Español a vez que lle exiximos que aclare que escuros acordos ten co rei e goberno de Marrocos que o levan a xustificar o asasinato de persoas, a romper os acordos de décadas que o Estado Español tiña sobre o Sáhara e a enfrontarse con Alxeria poñendo en perigo o subministro de gas.

 Por outra banda RECLAMAMOS  ao conxunto da cidadanía do Estado e mais concretamente á cidadanía galega para que non se deixe manipular e:

-Se sitúe do lado das persoas inmigrantes e exixindo o  recoñecemento dos seus dereitos humanos.

-Denuncie a barbaridade do acontecido na fronteira de Melilla e exixa responsabilidades polo acontecido e pola súa xustificación.

-Participe activamente nas concentracións convocadas para este fin de semana polas organización sociais e as comunidades inmigrantes de Melilla en todo o territorio do estado.

-Asine o manifesto de apoio e denuncia do acontecido na fronteira de Melilla.

 

ADHESIÓN AL COMUNICADO DE DENUNCIA UNIFICADO (google.com)

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...