Unha iniciativa para dar a coñecer os riscos dos próximos cambios nos regulamentos sanitarios internacionais promovidos pola OMS.
Facemos un chamamento a asinar o MANIFIESTO mediante o cal ESIXIMOS:
1. A saída do Estado Español deste proxecto con acordo vinculante e a retirada do apoio da Unión Europea ao mesmo.
2. Que o Goberno do Estado e as comunidades autónomas centren todos os seus esforzos en recuperar e revitalizar os sistemas públicos de saúde, dando tamén entrada nestes á medicinas holísticas até agora excluídas, poñendo fin a todos os procesos de privatización, revertendo as privatizacións xa feitas, poñendo en marcha a empresa publica farmacéutica e creando as condiciones para a recuperación da saúde da poboación, incluído o acceso a vivenda digna, alimentación e a un traballo dignamente remunerado.
3. O fin de todas as medidas erróneas, nocivas e vulneradoras de dereitos e liberdades tomadas para a xestión da crisis de coronavirus
🖋 ENTRA E ASINA O MANIFIESTO
Adhesiones y contacto – La salud NO es un negocio (wordpress.com)MANIFESTO A NOSA SAÚDE POR RIBA DAS FARMACÉUTICAS E DOS INTERESES EMPRESARIAIS DAS POLÍTICAS DE SAÚDE
Antecedentes:
A Asemblea Mundial da Saúde, máximo órgano de decisión da Organización Mundial da Saúde (OMS), na segunda reunión extraordinaria celebrada os días 29, 30 de novembro e 1 de decembro de 2021, aprobou poñer en marcha “un acordo internacional vinculante sobre prevención, preparación e resposta ante unha pandemia”, idea proposta polo presidente do Consello da Unión Europea, pola cal foi felicitado na alocución de apertura desta asemblea. Para desenvolvela constituíuse un órgano negociador intergubernamental.
O Consello de Ministros do Estado Español na reunión do 28 de decembro de 2021 aprobou, mediante real decreto a Estratexia de Seguridade Nacional 2021 que, no capítulo 4 titulado “un planeamento estratéxico integrado”, no terceiro eixe avala esta decisión ao establecer que “os mecanismos de gobernanza global son oportunos para xestionar bens públicos como a saúde pública, a seguridade e sanidade alimentaria ou o medioambiental”.
Que significaría este tratado?
A OMS tería a liberdade de decidir cal é a seguinte pandemia e decidir medidas como corentenas e peches a nivel global.
A OMS decidiría quen e que farmacéuticas poden desenvolver tratamentos no caso de pandemia e serán eles tamén quen decidan se estes tratamentos son seguros. Recordemos que a OMS é unha entidade que está financiada en gran parte por compañías farmacéuticas ou compañías/persoas afíns a estas e en varias ocasións púxose en evidencia o seu conflito de intereses!
A OMS decidiría sobre a obrigatoriedade dunha vacina en cada país, por riba de calquera outro órgano competente dese país. A autonomía do paciente, a relación médico-paciente e unha decisión baseada no criterio risco-beneficio quedarían anulados. No momento en que o goberno español publique no BOE o acordo internacional, as medidas que a OMS tome ao seu abeiro serían vinculantes, é dicir estarían por riba das lexislacións, tanto do Estado como das Comunidades Autónomas, e só se poderían derrogar segundo as condicións estipuladas no acordo, o que deixa a poboación nunha posición moi vulnerable.
Estableceuse tamén o seguinte calendario de negociacións:
1 de marzo de 2022 - primeira reunión do órgano intergubernamental encargado da negociación deste acordo internacional vinculante.
Antes do 1 de agosto de 2022 - segunda reunión deste órgano negociador.
Está previsto un primeiro debate na 76ª Asemblea Mundial da Saúde en 2023.
Proponse a aprobación na 77ª Asemblea Mundial da Saúde en 2024. As persoas e colectivos abaixo asinantes, manifestamos un rotundo rexeitamento á creación deste acordo vinculante polos seguintes motivos:
1. A Organización Mundial da Saúde é máis unha engrenaxe ao servizo do gran capital que carece da necesaria independencia das grandes corporacións económicas, das grandes farmacéuticas e das fundacións que ambas controlan, o que lle impide poder ser un instrumento útil para orientar unha política sanitaria ao servizo da saúde. A participación da OMS na Iniciativa denominada Grupo de Traballo de Líderes Multilaterais sobre COVID-19, xunto ao Fondo Monetario Internacional, o Grupo do Banco Mundial e a Organización Mundial do Comercio, todos eles instrumentos ao servizo do gran capital internacional, pon de manifesto que é un organismo inmerso en fortes conflitos de intereses corporativos, ao que, mentres non se lle garanta a independencia financeira e política, e o respecto polas decisións dos pobos en materia de políticas de saúde, non se lle pode confiar a saúde da poboación mundial.
2. A saúde depende moito máis de factores sociais que determinan as condicións de vida que da dispensación de medicamentos. Neste sentido son aspectos esenciais: o medioambiente, unha alimentación sa e suficiente, vivendas amplas, ventiladas e sen humidades, o acceso á agua potable, os servizos de saúde públicos, próximos e centrados na promoción da saúde, a prevención e a detección precoz de enfermidades, o respecto pola cultura e os coñecementos das medicinas tradicionais e naturais, etc.
3. Entendemos que a subordinación das políticas de saúde dos estados e das comunidades autónomas a un organismo internacional ligado fortemente a intereses comerciais (como se demostrou coa gripe A cando o comité de expertos foi subornado pola industria farmacéutica) e precisamente en situacións de pandemia, é totalmente inadecuado e contraproducente. Hai xa moitos espazos a nivel rexional e internacional para a cooperación e tamén para a coordinación intergubernamental no caso de que fose pertinente aínda que cremos que nesa liña é necesario un esforzo.
4. A xestión da covid-19 por parte da OMS está en entredito ao estar implicada nunha serie de medidas sen base científica nin ética (aval exclusivo a tratamentos propostos polas grandes farmacéuticas, apoio ou non oposición a medidas de limitación de dereitos e liberdades que non tiñan apoio científico coma o confinamento das persoas sas, a falta de atención temperá das persoas enfermas, o abandono á morte en soidade e sen asistencia sanitaria nas residencias de maiores). As recomendacións da OMS non se traduciron nunha xestión exitosa da pandemia e a escasa diferenza no éxito na xestión da pandemia entre os países que seguiron as recomendacións da OMS e aqueles que non, apoian a idea de que a toma de decisións en materia de políticas de saúde, ao igual que en materia de políticas alimentarias, non se pode confiar a organismos internacionais -reiteramos: sometidos a intereses comerciais e dirixidos por unha burocracia compracente cos gobernos que dominan a escena internacional- e , polo tanto, totalmente afastados da realidade e das necesidades de cada pobo. Moito máis se iso se realiza sen debate nin escrutinio público e mediante o que se denomina colaboración público-privada, que máis ca colaboración é unha apropiación dos recursos económicos dos sistemas públicos de saúde por parte das corporacións privadas.
CONDENAMOS
A actitude do goberno español por comprometer o apoio a esta iniciativa sen debate social, sen debate parlamentario e sen someter a referendo esta cesión de competencias a un organismo de carácter antidemocrático.
O silencio e complicidade dos gobernos das comunidades autónomas.
ESIXIMOS
1. A saída do Estado Español deste proxecto de acordo vinculante e a retirada do apoio da Unión Europea a el.
2. Que o goberno español e as comunidades autónomas centren todos os esforzos en recuperar e revitalizar os sistemas públicos de saúde, dando tamén cabida neles a medicinas holísticas ata agora excluídas, poñendo fin a todos os procesos de privatización, revertendo as privatizacións xa feitas, poñendo en marcha a empresa pública farmacéutica e creando as condicións para a recuperación da saúde da poboación, incluído o acceso á vivenda digna, alimentación e a un traballo dignamente remunerado.
3. O fin de todas as medidas erróneas, nocivas e vulneradoras de dereitos e liberdades tomadas para a xestión da crise do coronavirus.
Abril 2022
Máis información en
https://saludnonegocio.wordpress.com/