O Colectivo Berro Seco decide avanzar na consolidación da súa estrutura organizativa e dotarse de personalidade xurídica propia para así poder actuar diante das distintas administración como organización propiamente dita. Para tal fin Berro Seco convoca unha Asemblea Constituínte Aberta a todas as persoas que consideren preciso que é preciso confrontar o recorte de Dereitos e Liberdades que se están dando -desde os distintos ámbitos do poder- a nivel lexislativo, social, laboral, cultural, ... A Asemblea vai ter lugar o vindeiro 7 de Maio, ás 17:00 horas no Centro Sociocultural do Castiñeiro en Santiago de Compostela coa seguinte orde do día:
Aprobación da orde do día
Presentación de Berro Seco e traballo realizado
Aprobación de estatutos e elección dos cargos
Valoración da situación actual: que nos deixou o coronavirus
Campañas e accións
1 de Maio de 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario