Publicacións populares

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Nota de prensa solicitando a inmediata retirada do pase Covid

O colectivo Berro Seco polos Dereitos e Liberdades diante das decepcionantes decisións publicadas no DOG do día de hoxe, posiciónase contra a continuidade das políticas restritivas dos dereitos fundamentais prorrogadas pola Xunta de Galicia co silencio cómplice dos grupos da oposición.

Desde o comezo das limitacións e restricións de dereitos fundamentais todas as medidas tiveron un nesgo económico e mesmo ideolóxico difícil de soportar. A utilización do pasaporte covid non ten sustento ningún como medida sanitaria e si para o control social e o acoso das persoas que deciden tomar medidas de autoprotección ou de protección das súas crianzas distintas ás sinaladas pola Xunta de Galicia. Esiximos, pois, a inmediata retirada do “pasaporte covid” para calquera uso e a equiparación neste asunto cos outros Estados e coas outras comunidades autónomas do Estado Español que así o fixeron xa.

Que o pasaporte covid NON é unha medida sanitaria e que para nada serve como protección da nosa saúde é algo evidente a estas alturas. Por máis que a Xunta de Galicia insista, os datos evidencian que as persoas vacinadas contaxian e seguen contaxiándose da mesma maneira que as non vacinadas. 

O Presidente da Xunta de Galicia admitía recentemente en declaracións a medios de comunicación que o “problema económico, social e laboral segue sendo un problema moi intenso” mais insiste en dar as costas a esta realidade. Pola contra, coa colaboración dos outros grupos parlamentarios, mantén o pasaporte como unha medida de segregación e castigo, violentando a boa parte da sociedade e creando confrontamento social unicamente para impoñer o seu criterio persoal (contrario á lei) de converter a vacinación nun acto obrigatorio. O acoso ao que a Xunta de Galicia está somentendo as persoas que deciden non vacinarse ou non vacinar os seus descendentes, ou que mesmo vacinadas, se negan a facer público o seu historial clínico, vulnera dereitos consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e no Convenio de Oviedo ratificado polo Estado Español. A medida intenta converter as persoas que exercen o seu dereito a non vacinarse nas vítimas propiciatorias ás que culpar das nefastas consecuencias da política actual de desmantelamento e privatización da sanidade pública e do estrepitoso fracaso da campaña de vacinación.

O Señor Feijóo debe explicar publicamente que intereses o levan a manter a vixencia do pasaporte e que gaña con manter unha medida de control social (non sanitaria) que:

1.- Discrimina, coaciona e segrega, provocando división e confrontamento na sociedade. 

2.- Xenera malestar e agrava a situación de crise que xa viven hoxe moitos sectores da sociedade, especialmente o cultural e o da hostelaría e a restauración. Os sectores nos que está vixente o pasaporte covid estanse vendo obrigados a actuar como represores da clientela, están tendo que asumir custes extra derivados da medida pero, sobre todo, están arriscándose a altísimas sancións económicas por vulneración da RGPD e doutros dereitos fundamentais.

3.- Impide que as persoas que, facendo valer os seus dereitos se neguen a facilitar datos de máxima protección relativos á súa saúde, poidan entrar en ximnasios e centros deportivos, visitar persoas en residencias de maiores, acompañar enfermos nos hospitais ou entrar en espectáculos e restaurantes.

Por todas estas razóns, Berro Seco solicita a inmediata retirada do pasaporte Covid para calquera uso e o fin das medidas absurdas e discriminatorias que pretenden converter na practiva a vacinación en obrigatoria e que persigan recortarlle á cidadanía calquera dereito ou liberdade.

 

 <a href="https://www.freepik.es/fotos/certificado">Foto de Certificado creado por frimufilms - www.freepik.es</a>

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Entrevista co colectivo Berro Seco : a defensa polos dereitos desde a perspectiva de esquerda


Lidia Senra e Antonio Lores, do Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades, foron entrevistados por Pilar Aymara para falar dos obxectivos contidos no noso manifesto. Agradecemos esta oportunidade de visibilizar a nosa postura diante dos acotecementos actuais.

www.rosaliatv.com

www.pilaraymara.com

mércores, 19 de xaneiro de 2022

Manifesto Fundacional

COLECTIVO BERRO SECO  NA DEFENSA DOS DEREITOS E LIBERDADES

Lidia Senra, Cristina Blanco González, Fernando García, Xosé Ramón Cendán Regueiro, Miguel Anxo Abraira Sobrado, Antonio Lores, Lola Grande, Elvira Grande, Cristina Guerreiro Peralba, Xabier Gómez Santiso, Manuel Rey, Iolanda Teixeiro Rei, Xóan R. Doldán García, Elvira Trinidad Jove, María Belén Fervenza, Beatriz Fervenza, Iago Lameiro Covelo, Jacobo Ojea Reyes, Mina Gómez Barreiro, Miguel Anxo Méndez López, Begoña de Bernardo Miño, Carlos Alfredo Villaverde Blanco, Conchi Castro Pedreira, José Luis Carreira Bruzos, Manel Pardo, Pura Seoane Albela, Rosa Baña Castro.

MANIFESTO FUNDACIONAL

Somos un grupo de persoas diversas, tanto vacinadas coma non vacinadas, mais que coincidimos desde principios de esquerda na reivindicación dunha sociedade composta por seres libres, iguais e co dereito a decidir, individual e colectivamente, e de modo democrático, sobre os diferentes ámbitos da vida. 

Desde principios de esquerda observamos con fonda preocupación como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos

 Desde esta base común, observamos con fonda preocupación como se está a dar unha deriva totalitaria e antidemocrática da man dun conxunto cada vez maior de medidas e cambios lexislativos (Estratexia de Seguridade Nacional 2021) que se vai estendendo a diferentes ámbitos da vida. Estas medidas están xustificándose por unha suposta protección da saúde, mais obedecen a decisións políticas e non responden a unha verdadeira razón sanitaria pero, sobre todo, atacan dereitos humanos básicos e fundamentais, e tamén dereitos recollidos no Convenio do Consello de Europa sobre Dereitos Humanos e Biomedicina (ou Convenio de Oviedo) de abril de 1997 e ratificado posteriormente por diversos países (incluído o Estado español),  e dereitos recollidos na Lei básica reguladora da Autonomía do Paciente e de Dereitos e Obrigas en materia de información e documentación clínica (lei 41/2002, de 14 de novembro).

Esta é a verdadeira razón que nos move; a defensa dos dereitos que se conseguiron co esforzo e o sacrificio de moita xente ao longo do tempo e que, froito desa loita, acabaron por ser recoñecidos na lexislación internacional e estatal.

 

 Entre os dereitos humanos seriamente ameazados ou vulnerados están: a consideración de todos os seres humanos como seres libres e iguais, o dereito á liberdade, o non sometemento a tratos crueis, o dereito a sermos protexidos contra a discriminación e o acoso, o dereito a non ser detidos de forma arbitraria, o dereito á presunción de inocencia e a penas xustas, o dereito á privacidade, á honra e á reputación, o dereito á libre circulación, o dereito á liberdade de pensamento, de conciencia, de opinión ou de expresión, o dereito á liberdade de reunión, o dereito á seguridade social e o dereito a tomar parte da vida cultural da comunidade.

 

Entre os dereitos humanos seriamente ameazados ou vulnerados están: a consideración de todos os seres humanos como seres libres e iguais, o dereito á liberdade, o non sometemento a tratos crueis, o dereito a sermos protexidos contra a discriminación e o acoso, o dereito a non ser detidos de forma arbitraria, o dereito á presunción de inocencia e a penas xustas, o dereito á privacidade, á honra e á reputación, o dereito á libre circulación, o dereito á liberdade de pensamento, de conciencia, de opinión ou de expresión, o dereito á liberdade de reunión, o dereito á seguridade social e o dereito a tomar parte da vida cultural da comunidade.  Ademais, vulnéranse dereitos recollidos no Convenio de Oviedo como que: toda intervencións sanitaria só poderá facerse co consentimento libre e informado da persoa afectada, podendo retirar esta libremente o consentimento; o dereito a que se respecte a vida privada de calquera persoa no que se refire a informacións relativas á súa saúde; o dereito a que as persoas non se presten a un experimento se existen métodos alternativos, que estean informadas dos seus dereitos e as garantías da lei para a súa protección e que o consentimento sexa expreso e específico e estea consignado por escrito; o dereito a que exista un debate público sobre as cuestións fundamentais no ámbito da bioloxía e a medicina, que inclúa as implicacións médicas, sociais, económicas, éticas e xurídicas pertinentes. Tamén se vulneran dereitos recollidos na Lei de Autonomía do Paciente como: o dereito a que o consentimento de pacientes e usuarios/as se obteña unha vez que estes reciban a información adecuada, e debendo ser por escrito, podendo rexeitarse o tratamento, tendo que  gardar a debida reserva a elaboración e o acceso á información clínica sanitaria; o dereito de toda persoa a que se respecte o carácter confidencial dos datos referentes á súa saúde; o dereito a que a información dada a cada paciente, antes de obter o seu consentimento escrito, inclúa as consecuencias relevantes do tratamento, os riscos coñecidos e as contraindicacións; o dereito a que os datos de cada paciente contidos na súa historia clínica, mesmo con fins epidemiolóxicos, separen a identificación persoal da de carácter clinicoasistencial, asegurando o anonimato, salvo que o/a paciente teña dado consentimento para non separalos.

Por todos estes motivos, pedimos:

        Que se centren os recursos e esforzos na atención e coidado das persoas enfermas, atallando o desmantelamento da Sanidade Pública que está deixando de ser operativa no día a día, que se deixe de derivar os seus recursos á sanidade privada e que cesen de inmediato as medidas destinadas a perseguir e/ou violentar as persoas sas.

          O fin inmediato de calquera tipo de coacción e acoso coa finalidade de converter, na práctica, a  vacinación nun acto obrigatorio. 

          A suspensión inmediata da recomendación da vacinación infantil e xuvenil en base ao principio de precaución, por non existir datos que avalen a inexistencia de efectos adversos a medio ou longo prazo, ou da vantaxe de asumir estes con respecto ás consecuencias para a saúde por sufrir a COVID19 nestes tramos de idade.

          A inmediata eliminación do pasaporte covid para calquera uso.

          O fin das campañas de acoso, fomento do medo xeneralizado á poboación e de criminalización das persoas que disenten sobre calquera das medidas políticas ou sanitarias instauradas ou manifestan unha opinión discordante coa verdade oficializada polas diferentes administracións ou desde os complexos empresariais de comunicación de masas.

-          Que nos medios de comunicación públicos se informe en base á investigación e ao debate científico, respectando todas as opinións e deixando de funcionar como transmisores do pensamento único que promoven o acoso cara ás persoas que disenten eliminando as prácticas de censura máis ou menos encubertas; en particular as referidas a opinións científicas diverxentes cos intereses maioritarios da industria médico-farmacéutica, para que haxa un debate científico real que está na base de toda ciencia que non sexa dogmática.

 O dereito a unha información plural, completa e veraz, sen ningún tipo de censuras sobre todos dos aspectos directos e indirectos relacionados coas xestións da pandemia, así como dos efectos colaterais adversos na saúde das persoas e no gasto farmacéutico.

 

 -        O dereito a unha información plural, completa e veraz, sen ningún tipo de censuras sobre todos dos aspectos directos e indirectos relacionados coas xestións da pandemia, así como dos efectos colaterais adversos na saúde das persoas e no gasto farmacéutico.

-        A apertura a un debate social e político sobre as medidas económicas e políticas restritivas adoptadas ao amparo da epidemia covid, sen prexuízos de partida. 

          Un exercicio de reflexión e debate interno das organizacións políticas partidarias e sindicatos sobre a conculcación dos dereitos humanos básicos e dos dereitos fundamentais que se vén dando desde o comezo da pandemia, que sirva para avanzar cara a unha sociedade máis democrática e respectuosa con todas as persoas, á marxe das súas opinións ou das decisións que tomen ao amparo do que ditaminan os ditos dereitos.

 

Pousadoira, Xaneiro de 2022.


PULSA AQUÍ PARA ASINAR O MANIFESTO 


PARA CONTACTAR CONNOSCO ENVÍA UN CORREO A:

berrosecodignidade@gmail.com

 


Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...