Diante da muda da norma imposta do uso de máscaras en interiores, dende o Colectivo Berro Seco queremos denunciar que as medidas e restricións implantadas durante a pandemia provocaron un grave deterioro na saúde físico-emocional das nosas crianzas e xuventude.
Entendemos que feito de que o Goberno deixe aberto a posibilidade de impoñer, por parte de persoas e colectivos non profesionais o uso da máscara sanitaria en interiores en determinadas circunstancias vai derivar en decisión nada técnica e absolutamente piramidais o que xerara conflitos e empeorara as relacións persoais e laborais.
O pasado 5 de abril o propio Colexio de Psicoloxía de Galicia, alertaba de que o empeoramento da saúde mental tras a Covid estaba provocando un aumento do número de tentativas e suicidios entre a xente nova.
Consideramos que as medidas de control, o peche de centros de ensino, o encerro domiciliario, a interrupción de rutinas e o parón de toda actividade física, agudizou o sufrimento nesta etapa converténdose, esta dor emocional, nunha verdadeira pandemia.
Non podemos esquecer tamén que, a nivel familiar, o desemprego, a crise económica e a violencia dentro do propio fogar, incrementou exponencialmente o número de cadros por ansiedade, provocando unha maior vulnerabilidade que nos leva a vivir un dó colectivo propiciado pola perda de seguridade e confianza.
Queremos resaltar que durante a chamada pandemia, a poboación infanto-xuvenil foi totalmente esquecida por todos os organismos e institucións. Baixo a consideración de que os nen@s e moz@s son capaces de adaptarse a calquera cambio, non se tiveron en conta as súas necesidades evolutivas, físicas, sociais, emocionais e cognitivas, fomentando deste xeito unha perigosa sintomatoloxía ansio-depresiva que fixo aumentar a taxa de suicidios.
Os menores foron esquencidos e non protexidos. Debeu prevalecer o principio de interese superior da infancia. Porén, recibiron o peso da culpa pola morte dos seus seres queridos se non seguían as regras. Foron usados activamente para un suposto beneficio das persoas adultas, cando, para eles, por exemplo, o uso da máscara ou a vacinación, é só un prexuízo.
Outro grave problema que se deu nos centros educativos veu derivado de certas extralimitacións que se deron aofacer uso da pandemia como coartada para a imposición de medidas de control e mesmo represión da liberdade do alumnado incluso nos recreos e nos patios dos colexios. Esta actitude de control e prohibicións sistemáticas, xerou na mocidade e nas crianzas unha sensación de persecución irracional e indefensión que derivou en ansiedade, depresión e outro tipo de trastornos que mermaron de xeito significativo a calidade das súas relacións interpersoais e de aprendizaxe.
Dende o Colectivo Berro Seco reclamamos ás organizacións e institucións oportunas, que tomen seriamente en consideración estas nefastas consecuencias derivadas de protocolos que carecían de todo rigor médico-científico. Precisamos das redes necesarias de atención e axuda para acadar unha catarse das emocións negativas e precisamos que se poña en valor a alimentación e a natureza como medio e espazo vital para equilibrar a nosa saúde.
A adolescencia é un tempo de vulnerabilidade, de cambios, de emocións extremas na que se viven éxitos e fracasos, curiosidade e apatía, na que os pensamentos son desencadeantes de emocións que se viven moi intensamente.
A nosa xuventude precisa de oportunidades, de contextos atractivos que desenvolvan estados emocionais de confianza, escoita e calma.
As aulas deben ser un lugar onde a rapazada se sinta protexida. O estrés, o medo e a ansiedade dificulta a aprendizaxe e afecta ás estruturas do cerebro que posibilitan a recuperación do memorizado e adquirido.
Fomentemos no alumnado a resiliencia, as aprendizaxes significativas, melloremos a súa autoestima e fagamos que os contidos curriculares liberen o alumnado da competitividade, da esixencia memorística e, en definitiva, do aburrimento. Respectemos, axudemos e defendamos entre tod@s a súa saúde física e mental.
Santiago de Compostela, 19 de Abril de 2022.