Publicacións populares

domingo, 12 de maio de 2024

Non á reforma do Regulamento Sanitario Internacional. Concentración, día 24, 12,00 horas Delegación do goberno.


Pola nosa saúde. Fora a dictadura da OMS
Non ao acordo internacional de pandemias da OMS
Non á modificación do Regulamento Sanitario Internacional

 

Desde o 27 de maio ao 1 de xuño, terá lugar en Xinebra a 77ª Asamblea Mundial da Saúde (máximo órgano de decisión da Organización Mundial da Saúde -OMS-). Entre os asuntos a tratar está o Acordo Internacional de Pandemias e a Reforma do Regulamento Sanitario Internacional.

 Esiximos ao goberno español que VOTE EN CONTRA, porque:

 QUEREMOS MANTER O DEREITO A DECIDIR SOBRE AS POLÍTICAS DE SAUDE.

Un acordo internacional sempre supón cesión de competencias. Co acordo de pandemias, a través do principio nel recollido de “unha soa saúde”, tanto o goberno como  a Xunta de Galicia van traspasar competencias sobre políticas de saúde, de sanidade animal e dos ecosistemas á OMS.  Unha organización con un forte conflito de intereses, xa que o meirande da súa fiananciación é privada (grandes farmaceuticas, fundacións como Bill e Melinda Gates e outros).  As decisións que se tomen no marco do Acordo de pandemias son de obrigado cumprimento para os Estados que o ratifiquen. A forma na que van aplicar o principio de unha soa saúde queda pendente de definir. Establecen que entrará en vigor como moi tarde o 31/05/2026 e que terá en conta o que dispoña o Regulamento Sanitario Internacional. Normas sobre sanidade animal, incluidos sacrificios de cabanas gandeiras poderían ter cabida nesta aplicación.

 

NON QUEREMOS QUE NOS CONVIRTAN EN COELLIÑOS DE INDIAS.

Obriga aos estado parte a asegurarse de adoptar as medidas necesarias pra respaldar as autorizacións regulamentarias de emerxencia para aprobar medicamentos para as pandemias. Esto suporía poñer de maneira habitual no mercado, coa excusa dunha pandemia ou posible pandemia, medicamentos onde a fase final de experimentación se faría sobre a poboación (o mesmo que coas chamadas vacinas do coronavirus).

 

NON QUEREMOS QUE SIGAN DESMANTELANDO A SANIDADE PÚBLICA E A ATENCION PRIMARIA.

 Non ten ningún sentido invertir recursos en investigar e fabricar medicamentos e en preparar persoal sanitario para enfermidades que igual nunca van existir, mentras se desatende totalmente por falta de recursos a persoas gravemente enfermas como está sucedendo xa na actualidade. Está claro que para os intereses que están detrás da financiación da OMS é moito máis rendíbel crear a necesidade ou se fora o caso a obriga de vacinar a toda a poboación que investigar, mellorar e fabricar medicamentos para atender as enfermidades reais que xa existen.

 

QUEREMOS QUE SE RESPETE A LEI DE AUTONOMÍA DO DOENTE

Queremos que se respete o noso dereito a decidir como queremos coidar a nosa saúde e o dereito dos e das profesionais da saúde a utilizar os seus coñecementos. Queremos que se inclúan nos sistemas públicos de saúde as medicinas naturais.

 

QUEREMOS QUE SE ELIMINE TODO INTENTO DE APLICAR A CENSURA, tanto para o debate científico como para o debate social

A ciencia avanzará e chegará ás mellores conclusións se se permite o debate e o contraste de posicións. A ciencia sen debate non é ciencia é dogma.

 

QUEREMOS DEBATE PÚBLICO E TRANSPARENTE

Non podemos permitir que os gobernos actúen no noso nome para comprometernos en acordos internacionáis sen un debate público e transparente.

 

 

1 comentario:

  1. Gustaríame confirmar asistencia e posible colaboración na elaboración de pancartas, etc...

    ResponderEliminar

CHARLA INFORMATIVA EN BETANZOS