Publicacións populares

venres, 21 de abril de 2023

O ALCALDE DO PSOE DE VILAGARCIA, ALBERTO VARELA, CENSURA UNHA CHARLA SOBRE LEXISLACIÓN SANITARIA.

Para o 21 de Abril de 2023 estaba organizado, por Soberanía e Saúde de Vilagarcía de Arousa, unha-charla coloquio no Auditorio Municipal de Vilagarcia para abordar como afectan ás  vidas e á saúde das persoas as negociacións que están tendo lugar no seo da Organización Mundial da Saúde  de cara á aprobación no 2024 dun acordo internacional vinculante sobre pandemias, así como modificacións importantes no Regulamento Sanitario Internacional.

A pouco máis de 24 horas do inicio da actividade a organización recibiu unha comunicación na que en virtude do ordeado polo Sr. Alcalde do PSOE, ALBERTO VARELA, se informaba que "A Xunta de Goberno Local acordara denegar a autorización solicitada, dado que segundo el se trataba dunha charla coloquio na que o tema a tratar contemplaba unha revisión das recomendacións das autoridades sanitarias oficiais"


Para Berro Seco estamos ante un feito gravísimo que vulnera e ataca direitos humanos básicos e fundamentais como a liberdade de pensamento, a liberdade de opinión e a liberdade de expresión. A charla tiña como fin informar e debatir sobre LEXISLACIÓN que vai afectar ao conxunto da población. O Alcalde e a Xunta de Goberno Local deberían explicar que lexislación ampara esta actitude de  erexirense en xuíces e CENSORES do que organizacións e asociacións legalmente constituídas poden abordar nos seus actos. Desde Berro Seco preguntamonos: Qué Lei ou norma ampara que só se poida falar en sintonía co que as autoridades deciden? Quen pensa o Sr Varela que é para prohibir o debate sobre modificacións lexislativas que van afectar ao conxunto da poboación por ONG legalmente constituidas?

 

xoves, 13 de abril de 2023

BERRO SECO solidarízase con Ivan de Arzúa e a súa familia!

 


Berro Seco estivo presente na concentración deste pasado Martes, 11 de Abril de 2023, para apoiar a Ivan de Arzúa e a súa familia para esixir a inmediata paralización na aplicacións de electroshock que esta recibindo en contra da súa vontade no Hospital Provincial de Conxo. 

Compre lembrar que a OMS é contraria a aplicación desta agresiva terapia cando o paciente é contraria a mesma.

Ivan demanda a súa posta en liberdade dado que o seu ingreso en Conxo foi voluntaria e agora está sendo retido en contra da súa vontade e a da súa familia.




Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...