Publicacións populares

venres, 21 de abril de 2023

O ALCALDE DO PSOE DE VILAGARCIA, ALBERTO VARELA, CENSURA UNHA CHARLA SOBRE LEXISLACIÓN SANITARIA.

Para o 21 de Abril de 2023 estaba organizado, por Soberanía e Saúde de Vilagarcía de Arousa, unha-charla coloquio no Auditorio Municipal de Vilagarcia para abordar como afectan ás  vidas e á saúde das persoas as negociacións que están tendo lugar no seo da Organización Mundial da Saúde  de cara á aprobación no 2024 dun acordo internacional vinculante sobre pandemias, así como modificacións importantes no Regulamento Sanitario Internacional.

A pouco máis de 24 horas do inicio da actividade a organización recibiu unha comunicación na que en virtude do ordeado polo Sr. Alcalde do PSOE, ALBERTO VARELA, se informaba que "A Xunta de Goberno Local acordara denegar a autorización solicitada, dado que segundo el se trataba dunha charla coloquio na que o tema a tratar contemplaba unha revisión das recomendacións das autoridades sanitarias oficiais"


Para Berro Seco estamos ante un feito gravísimo que vulnera e ataca direitos humanos básicos e fundamentais como a liberdade de pensamento, a liberdade de opinión e a liberdade de expresión. A charla tiña como fin informar e debatir sobre LEXISLACIÓN que vai afectar ao conxunto da población. O Alcalde e a Xunta de Goberno Local deberían explicar que lexislación ampara esta actitude de  erexirense en xuíces e CENSORES do que organizacións e asociacións legalmente constituídas poden abordar nos seus actos. Desde Berro Seco preguntamonos: Qué Lei ou norma ampara que só se poida falar en sintonía co que as autoridades deciden? Quen pensa o Sr Varela que é para prohibir o debate sobre modificacións lexislativas que van afectar ao conxunto da poboación por ONG legalmente constituidas?

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS MENTIRAS QUE TAPABAN AS BOCAS

  Pasaron catro anos desde a pandemia; momento no cal o goberno se dedicou a   taparnos a boca co obxectivo de que a cidadanía non puidésemo...