O martes 27 de Decembro a Presidenta de Berro Seco, Lidia Senra, dará unha charla a respecto da campaña que demanda investigar a sobremortandade detectada a nivel europeo, estatal e galego. Será ás 20:00 horas na Despensa do Saa.
O colectivo Berro Seco na defensa dos dereitos e liberdades somos un grupo de persoas diversas, tanto vacinadas coma non vacinadas, mais que coincidimos desde principios de esquerda na reivindicación dunha sociedade composta por seres libres, iguais e co dereito a decidir, individual e colectivamente, e de modo democrático, sobre os diferentes ámbitos da vida.
O martes 27 de Decembro a Presidenta de Berro Seco, Lidia Senra, dará unha charla a respecto da campaña que demanda investigar a sobremortandade detectada a nivel europeo, estatal e galego. Será ás 20:00 horas na Despensa do Saa.
O día 3 de Decembro a plataforma estatal "Rompe o Silencio" da que forma parte Berro Seco fixo a presentación dunha campaña que vai exixir a investigación da sobremortandade que se reflexa nas
estadisticas deste ano 2022.
A exixencia de investigación é coincidente coa opinión expresada por José Ramón González-Juanatey na súa incorporación á Real Academia de Medicina de Galicia. Así fica reflexado na noticia publicada nun xornal galego o mesmo día do seu ingreso:
A José Ramón González-Juanatey, jefe de servicio de Cardiología en el CHUS y catedrático de la especialidad en la Universidade de Santiago, hay un dato que le inquieta y le preocupa especialmente: en los primeros seis meses de este año la mortalidad en España ha aumentado en un 18 % con respecto a la media de los años 2016-2019, según el último informe de Eurostat. Y a ello hay que añadir que durante el período más duro de la pandemia de coronavirus la esperanza de vida en el país se ha reducido en dos años. ¿Por qué ha ocurrido?, ¿cómo se ha llegado a esta situación?
Berro Seco xunto con outros colectivos inicia unha campaña para exixir que se investigue os motivos da sobremortandade que se está dando en Galiza, o Estado e en toda Europa. Entendemos que a ciencia non pode ser un instrumento ao servizo dos intereses das farmaceuticas e polo tanto reclamamos investigar de inmediato os motivos que provocan que estea morrendo máis persoas que as que corresponde para unha situación normalizada.
Para presentar a campaña que reclama investigar os motivos da sobremortandade Berro Seco xunto con outros colectivos vai facer diversas charlas informativas polo tarritorio galego.
Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...