Publicacións populares

venres, 21 de abril de 2023

O ALCALDE DO PSOE DE VILAGARCIA, ALBERTO VARELA, CENSURA UNHA CHARLA SOBRE LEXISLACIÓN SANITARIA.

Para o 21 de Abril de 2023 estaba organizado, por Soberanía e Saúde de Vilagarcía de Arousa, unha-charla coloquio no Auditorio Municipal de Vilagarcia para abordar como afectan ás  vidas e á saúde das persoas as negociacións que están tendo lugar no seo da Organización Mundial da Saúde  de cara á aprobación no 2024 dun acordo internacional vinculante sobre pandemias, así como modificacións importantes no Regulamento Sanitario Internacional.

A pouco máis de 24 horas do inicio da actividade a organización recibiu unha comunicación na que en virtude do ordeado polo Sr. Alcalde do PSOE, ALBERTO VARELA, se informaba que "A Xunta de Goberno Local acordara denegar a autorización solicitada, dado que segundo el se trataba dunha charla coloquio na que o tema a tratar contemplaba unha revisión das recomendacións das autoridades sanitarias oficiais"


Para Berro Seco estamos ante un feito gravísimo que vulnera e ataca direitos humanos básicos e fundamentais como a liberdade de pensamento, a liberdade de opinión e a liberdade de expresión. A charla tiña como fin informar e debatir sobre LEXISLACIÓN que vai afectar ao conxunto da población. O Alcalde e a Xunta de Goberno Local deberían explicar que lexislación ampara esta actitude de  erexirense en xuíces e CENSORES do que organizacións e asociacións legalmente constituídas poden abordar nos seus actos. Desde Berro Seco preguntamonos: Qué Lei ou norma ampara que só se poida falar en sintonía co que as autoridades deciden? Quen pensa o Sr Varela que é para prohibir o debate sobre modificacións lexislativas que van afectar ao conxunto da poboación por ONG legalmente constituidas?

 

xoves, 13 de abril de 2023

BERRO SECO solidarízase con Ivan de Arzúa e a súa familia!

 


Berro Seco estivo presente na concentración deste pasado Martes, 11 de Abril de 2023, para apoiar a Ivan de Arzúa e a súa familia para esixir a inmediata paralización na aplicacións de electroshock que esta recibindo en contra da súa vontade no Hospital Provincial de Conxo. 

Compre lembrar que a OMS é contraria a aplicación desta agresiva terapia cando o paciente é contraria a mesma.

Ivan demanda a súa posta en liberdade dado que o seu ingreso en Conxo foi voluntaria e agora está sendo retido en contra da súa vontade e a da súa familia.




xoves, 23 de febreiro de 2023

BERRO SECO APOIA A FOLGA DE FAME DE MIGUEL ANXO ABRAIRA.

 

 

Miguel Axo Abraira, un dos fundadores de Berro Seco, vai levar adiante unha folga de fame baixo os lemas: Non á discriminación. Polo cumprimento dos prazos das administracións. A folga de fame ten como obxectivo chamar a atención sobre o incumprimento dos prazos que as administracións soen facer causando graves perxuidos e vulneracións de dereitos aos cidadás sen que recaia ningún tipo de responsabilidade sobre a persoa ou persoas responsables.

 


O detonante para que Miguel Anxo tomase unha decisión tan drástica ven motivada polo feito que en abril de 2019 solicitou unha licencia de obra maior ao Concello de Miño. O expediente aínda non se resolveu a día de hoxe. Van case 4 anos e a lexislación vixente establece o prazo de 3 meses para resolver este tipo de trámites. Cando Abraira solicitou o certificado de silencio administrativo ao Concello (tardou un mes en responder cando a lei establece 15 días) para iniciar a vía xudicial o concello  antes da súa emisión requiriu por segunda vez nova documentación alegando que faltaba documentos para completar o expediente. 

Os retrasos de meses en mover os papeis e o enredo documental foron unha constante durante este último ano. Os 3 primeiros o concello non  fixo ningún trámite e non atendeu os requirimentos verbais e escritos feitos por Miguel Anxo. O desprezo as formas foi tanta que mesmo dificultou o acceso á información á oficina do Valedor do Pobo.

Miguel Anxo Abraira botalle en cara ao Alcalde de Miño que se negue a recibilo  a vez que se nega en delegar a entrevista solicitada noutra persoa da súa equipa de goberno. Tamén pensa que negarlle aceder aos informes elaborados polos técnicos municipais sobre o seu propio expediente infrinxe a lexislación vixente, vulnera os seus dereitos e convirteo nun veciño discriminado toda vez que tales cousas non pasan dun xeito tan grave con outros veciños de Miño.


domingo, 18 de decembro de 2022

MARTES 27 DE DECEMBRO CHARLA NA CIDADE DE LUGO

 

 

O martes 27 de Decembro a Presidenta de Berro Seco, Lidia Senra, dará unha charla a respecto da campaña que demanda investigar a sobremortandade detectada a nivel europeo, estatal e galego. Será ás 20:00 horas na Despensa do Saa.




domingo, 4 de decembro de 2022

PRESENTACIÓN EN MADRID DA CAMPAÑA QUE EXIXE INVESTIGAR A SOBRE MORTANDADE EXISTENTE

PRESENTACIÓN PÚBLICA DA PLATAFORMA ROMPE O SILENCIO.

O día 3 de Decembro a plataforma estatal "Rompe o Silencio" da que forma parte Berro Seco fixo a presentación dunha campaña que vai exixir a investigación da sobremortandade que se reflexa nas
estadisticas deste ano 2022. 

 

 

 

A exixencia de investigación é coincidente coa opinión expresada por José Ramón González-Juanatey na súa  incorporación á Real Academia de Medicina de Galicia. Así fica reflexado na noticia publicada nun xornal galego o mesmo día do seu ingreso:

A José Ramón González-Juanatey, jefe de servicio de Cardiología en el CHUS y catedrático de la especialidad en la Universidade de Santiago, hay un dato que le inquieta y le preocupa especialmente: en los primeros seis meses de este año la mortalidad en España ha aumentado en un 18 % con respecto a la media de los años 2016-2019, según el último informe de Eurostat. Y a ello hay que añadir que durante el período más duro de la pandemia de coronavirus la esperanza de vida en el país se ha reducido en dos años. ¿Por qué ha ocurrido?, ¿cómo se ha llegado a esta situación?

 


 

sábado, 3 de decembro de 2022

BERRO SECO RECLAMA INVESTIGAR OS MOTIVOS QUE PROVOCAN A SOBREMORTANDADE EXISTENTE EN GALIZA

BERRO SECO RECLAMA INVESTIGAR OS MOTIVOS QUE PROVOCAN A SOBREMORTANDADE EXISTENTE EN GALIZA

 

 

Berro Seco xunto con outros colectivos inicia unha campaña para exixir que se investigue os motivos da sobremortandade que se está dando en Galiza, o Estado e en toda Europa. Entendemos que a ciencia non pode ser un instrumento ao servizo dos intereses das farmaceuticas e polo tanto reclamamos  investigar de inmediato os motivos que provocan que estea morrendo máis persoas que as que corresponde para unha situación normalizada.


Para presentar a campaña que reclama investigar os motivos da sobremortandade Berro Seco xunto con outros colectivos vai facer diversas charlas informativas polo tarritorio galego.




O ALCALDE DO PSOE DE VILAGARCIA, ALBERTO VARELA, CENSURA UNHA CHARLA SOBRE LEXISLACIÓN SANITARIA.

Para o 21 de Abril de 2023 estaba organizado, por Soberanía e Saúde de Vilagarcía de Arousa, unha-charla coloquio no Auditorio Municipal de ...