Pasaron catro anos desde a pandemia; momento no cal o
goberno se dedicou a taparnos a boca co
obxectivo de que a cidadanía non puidésemos denunciar o atropelo de dereitos a
que deu lugar a chamada “pandemia”, con aquelas máscaras obrigatorias que, en
algunhos lugares, seguírono sendo ate hai moi poucos dias.
Ó primeiro non eran necesarias, pero case de inmediato
pasaron a ser obrigatorias, en todas as situacións, incluso no medio do monte.
Agora, despois de catro anos o Ministerio confirma que non había ningún informe
técnico nin científico que avalara o seu uso xa que, en palabras do propio
Ministerio, o famoso “Comité de Expertos” só era para “obter o consenso
técnico”, pero non hai actas das súas reunións nin se sabe a identidade de
tales “expertos” que máis ben parece que non existían.
Isto foi o que se lle contestou desde o Ministerio de
Sanidade á Audiencia Nacional en resposta á demanda da asociación Liberum na querela que esta presentou
contra os responsables do referido departamento. Isto vén ratificar que durante
a “pandemia” nos tomaron o pelo repetidamente.
Pero a cousa non queda niso, senón que agora se nos ven a dicir
que as máscaras sanitarias eran un gran negocio para unha chea de políticos e
cargos institucionais corruptos que gañaron grandes cantidades de diñeiro
obrigándonos a usalas e por riba vendéndonolas máis caras do que realmente
custaban: Ben a ser unha nova mostra de como no mesmo lance nos quitan dereitos
á cidadanía ao mesmo tempo que fan negocio fraudulento á conta da nosa perda e
do noso sufrimento.
Desde Berro Seco queremos denunciar, unha vez máis o mercádeo
que se fai cos dereitos das persoas desde os poderes económicos e políticos do
estado, sempre converténdoos en negocio fraudulento para uns poucos mentres
teñen á cidadanía coa boca tapada durante tres anos, e esiximos claridade nas
investigacións e que a sociedade cheguemos a saber toda a verdade que nos
esconderon durante todo ese tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario