Publicacións populares

mércores, 20 de marzo de 2024

AS MENTIRAS QUE TAPABAN AS BOCAS

 

Pasaron catro anos desde a pandemia; momento no cal o goberno se dedicou a  taparnos a boca co obxectivo de que a cidadanía non puidésemos denunciar o atropelo de dereitos a que deu lugar a chamada “pandemia”, con aquelas máscaras obrigatorias que, en algunhos lugares, seguírono sendo ate hai moi poucos dias.




Ó primeiro non eran necesarias, pero case de inmediato pasaron a ser obrigatorias, en todas as situacións, incluso no medio do monte. Agora, despois de catro anos o Ministerio confirma que non había ningún informe técnico nin científico que avalara o seu uso xa que, en palabras do propio Ministerio, o famoso “Comité de Expertos” só era para “obter o consenso técnico”, pero non hai actas das súas reunións nin se sabe a identidade de tales “expertos” que máis ben parece que non existían.

Isto foi o que se lle contestou desde o Ministerio de Sanidade á Audiencia Nacional en resposta á demanda da asociación Liberum na querela que esta presentou contra os responsables do referido departamento. Isto vén ratificar que durante a “pandemia” nos tomaron o pelo repetidamente.




Pero a cousa non queda niso, senón que agora se nos ven a dicir que as máscaras sanitarias eran un gran negocio para unha chea de políticos e cargos institucionais corruptos que gañaron grandes cantidades de diñeiro obrigándonos a usalas e por riba vendéndonolas máis caras do que realmente custaban: Ben a ser unha nova mostra de como no mesmo lance nos quitan dereitos á cidadanía ao mesmo tempo que fan negocio fraudulento á conta da nosa perda e do noso sufrimento.

Desde Berro Seco queremos denunciar, unha vez máis o mercádeo que se fai cos dereitos das persoas desde os poderes económicos e políticos do estado, sempre converténdoos en negocio fraudulento para uns poucos mentres teñen á cidadanía coa boca tapada durante tres anos, e esiximos claridade nas investigacións e que a sociedade cheguemos a saber toda a verdade que nos esconderon durante todo ese tempo.

Polo dereito a decidir, polo respecto aos Dereitos Humanos.

Polo dereito a decidir, polo respecto aos Dereitos Humanos.

Non ao Acordo Internacional da OMS sobre Pandemias. Non á Reforma do Regulamento Sanitario Internacional

 


O colectivo Berro Seco na defensa dos Dereitos e Liberdades terá representación na manifestación estatal que se celebrará o próximo sábado 16 de marzo en Madrid para rexeitar o Acordo Internacional da OMS sobre pandemias e as emendas para reformar o Regulamento Sanitario Internacional (RSI).

A manifestación está convocada pola iniciativa Rompe o Silencio da que Berro Seco forma parte.

 

A Asemblea Mundial da Saúde que é o máximo órgano de decisión da Organización Mundial da Saúde (OMS) en decembro do 2021 aprobou poñer en marcha “un acordo internacional vinculante sobre prevención, preparación e resposta ante unha pandemia”.

Para redactar e negociar o borrador do texto, que se vai someter á aprobación por parte da Asemblea Mundial da Saúde no mes de maio deste ano 2024, constituíuse un “Organo Internacional de Negociación”, que está formado por un/unha representante de cada unha das seis rexións da OMS.

Berro Seco leva traballando nesta cuestión dende o inicio deste proceso e foi impulsor xunto con outros colectivos do Estado da campaña “a nosa saúde non é un negocio” (https://saludnonegocio.wordpress.com) que ten por obxectivo dar a coñecer o que está en xogo neste proceso de negociación que se está dando sen información nin debate social.

A estas alturas nin partidos políticos (foi moi chamativo que ningún partido político manifestara a súa postura en relación a este proceso de negociación durante a campaña das recentes eleccións galegas), nin sindicatos, nin institucións parecen preocuparse por un proceso no que o goberno do Estado e entendemos que co consentimento das Comunidades Autónomas está negociando un acordo que ao ser vinculante vai supoñer a perda de competencias á hora de definir, políticas de saúde en caso de pandemias e que ademais como ben sabemos por experiencias vividas nos tempos do COVID teñen moitas outras repercusións na vida das persoas.

 

Trátase dun acordo internacional vinculante e polo tanto significa que as súas decisións van estar por enriba das lexislacións do Estado e das Comunidades Autónomas, polo que nos atopamos ante unha cesión de competencias en materia de políticas de saúde relacionada coas pandemias, que nos priva como pobo de exercer o noso dereito a decidir as políticas que consideremos, ao tempo que nos afasta cada vez máis ás persoas do lugar onde se toman decisións que van afectarnos no día a día. Ilo resulta moi convinte para os gobernos, cando queiramos respostas a ou esixamos medidas concretas ante as consecuencias deste acordo, dirannos que ven da OMS e que non se pode facer nada, igual que sucede agora mesmo coas medidas que se aproban nas institucións da Unión Europea. Ninguén se acordará que foron os gobernos e os Parlamentos os responsábeis de ceder as nosas competencias.

Ao igual que no caso de outros tratados internacionais vinculantes, no texto prevese como actuar en caso de controversias, é dicir en caso de que os desacordos que poda haber entre as partes non se cheguen a resolver por vía diplomática, será obrigatorio someter a controversia á Corte Internacional de Xustiza ou a un “arbitraxe especial de acordo cos procedementos que adopte a Conferencia das Partes” E dicir unha figura establecida polos mesmos que xestionan o acordo.

Por este acordo, ao ser vinculante, os Estados que o ratifiquen obríganse a aplicar as medidas que a OMS decida en caso de pandemia, co que terán cobertura legal para aplicalas aínda que vulneren dereitos ou contraveñan a lexislación propia.

O acordo suporá tamén unha uniformización das medidas, dos medicamentos e da xestión da enfermidade unha vez que a OMS declare unha pandemia. Xa que o que até o presente eran recomendacións da OMS, pretenden convertelas en medidas de obrigado cumprimento.

 

A cesión de competencias vai afectar tamén en materia de políticas de sanidade animal mediante a aplicación do principio de unha soa saúde que se recolle no acordo. O tratado establece o compromiso para os Estados que o ratifiquen de elaborar normas e directrices internacionais para previr a enfermidades zoonóticas.

Darlle competencias á OMS sobre a sanidade animal non é un asunto menor,  xa que no caso de que decida que un brote zoonótico nun determinado país é ou pode ser causante dunha pandemia, este organismo pode obrigar a tratar ou a vacinar os animais masivamente,  pode chegar a limitar ou cancelar o comercio ou mesmo tomar a decisión de sacrificar cabanas gandeiras; medidas que baixo a bandeira de protexer a nosa saúde poderían ser utilizadas para favorecer intereses comerciais.




 

O acordo, mediante o establecido no artigo 14 do texto, pretende acortar os prazos poder comercializar un medicamento mediante o que denominan axilización das aprobacións e autorizacións e tamén para a posta en marcha dun mercado internacional de medicamentos mediante a harmonización de requisitos e procedementos técnicos e regulamentarios, incluída a confianza na regulamentación e o recoñecemento mutuo.

Obrigará así mesmo aos Estados a asegurarse de que dispón dos marcos xurídicos, administrativos e financeiros para levar a cabo as aprobacións regulamentares dos produtos relacionados coas pandemias durante unha pandemia.

Neste contexto, entendemos que a Rede Mundial da Cadea de Subministro e Loxística (Rede CSL da OMS) que se contempla no artigo 13 do acordo será a que facilite a distribución dos produtos e medicamentos necesarios nunha situación de pandemia e que con toda probabilidade serán producidos polos mesmos grupos privados que financian maioritariamente á OMS e coa vantaxe de que con todo o establecido no artigo 14 non haberá ningunha traba para que circulen libremente a nivel mundial.

E, claro para que a sociedade non se altere, os Estados terán que establecer, tal como establece o artigo 15 do tratado,  nun prazo de dous anos  “mecanismos de compensación sen culpa por danos provocados polas vacinas para promover o aceso a unha reparación financeira para as persoas que experimenten eventos adversos graves resultantes das vacinas antipandémicas”

O negocio é redondo, as Grandes farmacéuticas sen trabas nin responsabilidade conseguirán autorizacións en pouco tempo para poñer no mercado produtos e vacinas transxénicas; a poboación seremos os coelliños de indias e non lle costará nada. Terán aseguradas as vendas e as compensacións polos danos a través do erario público.

Outro aspecto totalmente inaceptábel son os mecanismos que tratan de normalizar para silenciar e combater as voces críticas, tanto a nivel científico como social. Para ilo introducen un novo termo “infodemia” que ven a substituír o que definiron como desinformación cando a xestión do coronavirus. O debate científico será anulado, e a ciencia pasará a ser pseudociencia ao converterse nun dogma, onde a única verdade científica serán as consignas ditadas polo gran capital a través de Foros como o de Davos ou outros, onde un dos convidados de interese será o Director Xeral da OMS.

A OMS pasa xa a converterse definitivamente  nun instrumento ao total servizo do gran capital e das grandes corporacións económicas e farmacéuticas e das fundacións que ambas controlan e, que ademais teñen un gran peso na financiación da OMS.




 

En canto ás emendas que se queren introducir no Regulamento Sanitario Internacional, destacar:

 

- A pretensión de converter en vinculantes as recomendacións da OMS

- Eliminar como principios para a aplicación do Regulamento o pleno respecto pola dignidade, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais das persoas

Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...