Colectivos instan ás Administracións a investigar as causas da sobremortalidade inexplicada
Chaman a parar as inoculacións de ARNm por precaución e sospeitas fundadas de estar causando máis dano que beneficio Dende a plataforma estatal “Sobremortalidade: Rompe o silencio” da que forma parte o Colectivo Berro Seco invitan a organismos e representantes públicos “a tomar partido. "Fixémoslos coñecedoras dos datos de sobremortalidade e das inoculacións fallidas, non en van, como representantes da cidadanía teñen a obriga de actuar, non poderán dicir que descoñecían o que está a pasar”.
Ante o significativo incremento da mortalidade observada entre a poboación española dende o ano 2021 non atribuíbel á Covid nin á calor, e ante a negativa expresa do Ministerio de Sanidad de dar a coñecer as causas concretas até o ano 2023, asociacións integradas na plataforma estatal “Sobremortalidade: Rompe o silencio” emprenderon unha campaña de información e peticións ás institucións competentes para dilucidar as causas dos falecementos. Reclaman recomezar e axilizar a realización de autopsias -minguadas dende a súa prohibición durante o inicio da declaración de pandemia- e clasificar entre mortas inoculadas e non inoculadas. Contrasta e resulta canto menos inxustificábel, como os gobernos se envorcan na Covid-19, e agora a gripe, enfermidades con taxas de mortalidade similares que até 2020 non supuxeron a imposición de medidas de emerxencia -drásticas e demoledoras socialmente- ao tempo que ignoran ostensibelmente o inquietante goteo de mortes repentinas e inexplicábeis incluso entre persoas mozas e nenas. Para alertar deste incremento da sobremortalidade -algo do que numerosas profesionais da medicina e da ciencia advertiron que ocorrería debido a que a tecnoloxía xénica de ARNm resultara un fracaso anteriormente pola súa alta mortalidade e tamén debido ao uso da tóxica Spike artificial como antíxeno- colectivos integrantes de “Sobremortalidade: Rompe o silencio” están facendo chegar a concellos, Ministerio de Sanidad, Comités de Bioética, Defensor del Pueblo, Consellarías autonómicas de Sanidade e outras instancias responsábeis, información e peticións sobre o tema. Así, destácase o informe de 23 de agosto de 2022 do sistema de monitorización da mortalidade diaria por todas as causas (MoMo) do Instituto de Salud Carlos III que mostra un exceso de mortalidade durante os meses de xaneiro a agosto de 2022 de 29.533 persoas, das cales 5.677 mortes son atribuíbeis á “calor”, mentres que do resto descoñécese a causa. Uns datos, explican dende a Plataforma, que poñen de manifesto que “durante o ano 2022 se está a rexistrar un número de falecementos por todas as causas moi superior ao esperado, tendo pasado dun exceso de 3000 mortes en novembro de 2021, a un exceso de máis de 11000 mortes no mes de xullo de 2022 e, tendo superado incluso a data de agosto de 2022 o exceso de mortalidade rexistrado durante todo o ano 2021, que foi de 24490 persoas”. A sobremortalidade segue ás campañas de inoculación masiva dun produto experimental que foi escasamente testado e cuxos efectos a medio e longo prazo se descoñecen, ao igual que a súa carcinoxenicidade, xenotoxicidade e mutaxenicidade. De feito, a bivalente que constitúe a cuarta inxección dende 2021, só foi probada en 8 ratos e descoñécese a interacción coa vacina da gripe así como coas outras tres inoculacións de ARNm previas. Por responsabilidade, alegan “faise urxente que as administracións ao servizo da cidadanía, tomen cartas no asunto sen descartar automaticamente -como se vén facendo até agora-, a tecnoloxía de ARNm como causante das estrañas morbilidades e falecementos rexistrados”.
Neste sentido, entre a información comunicada ás entidades públicas constan os datos do informe confidencial reportados por Pfizer tras a autorización de uso de emerxencia (dende o 1 de decembro de 2020 até o 28 de febreiro de 2021), publicado o pasado 1 de marzo de 2022 nos EE.UU por orde xudicial e que revelan case 10000 efectos adversos e 1223 falecidas en tres meses. Cabe sinalar que na historia da farmacoloxía xamais un medicamento con tantísimas lesións e vítimas mortais rexistradas (ver VAERS e Eudravigilance) se aplicou tan masivamente incluído a persoas non vulnerábeis e se mantido no mercado.Ademais nunca un medicamento foi tan intensamente imposto á poboación. Por non falar de que é un produto que xerou sospeitas de corrupción na súa adquisición, o que significou a apertura de investigación por parte da Fiscalía Europea.