Publicacións populares

domingo, 20 de febreiro de 2022

MANIFESTACIÓN EN FERROL 19-02-22 BAIXO O LEMA "MELLOR SANIDADE E MENOS RESTRICIÓNS"

 

Lidia Senra diríxese aos asistentes é reclama que se deixe de perseguir e culpabilizar á mocidade e a infancia. Reclámalle ao porfesorado que non comentan a ilegalidade de preguntar as crianzas se están ou non vacinados.

 

 

 


 

sábado, 19 de febreiro de 2022

Carta do Colectivo Berro Seco ás Ampas galegas


Á atención das ANPAS galegas

Dende o colectivo Berro Seco, dirixímonos a todos os membros da Comunidade Educativa, para amosar a nosa máis profunda preocupación pola situación e consecuencias que sofre o  alumnado nos centros educativos debido  á implementación dos protocolos Covid.

 


 

Durante os últimos 16 meses de curso escolar, o alumnado mantivo o uso de máscaras tanto nas aulas como nos patios, recibiu clase coas ventás abertas, mantívose en grupos burbulla sen contacto co resto dos compañeir@s, tivo que mudar as rutinas das entradas e saídas, usar xeles diariamente, extremar o lavado de mans, adaptarse (por falta de espazos) a cambios moi duros na dinámica das clases de moitas especialidades (música, educación física...), prescindiu de xogos no patio, nas aulas, sufriu as dificultades de traballo que xurdiron en especialidades como a de Audición e Linguaxe (co correspondente perxuízo para o alumnado con máis problemas de aprendizaxe) e, finalmente, estivo en confinamento domiciliario cando así se prescribiu, con todo o que iso supuxo para eles mesmos e as súas familias.

Queremos destacar que a participación das familias na vida escolar se viu neste proceso moi afectada, xa que se recomendou desde a administración educativa realizar as mínimas titorías presenciais, reunións de pais/nais , e celebracións anuais realizadas nos recintos educativos. Ademais, a dinámica familiar e laboral viuse dificultada especialmente naqueles casos en que a rapazada tivo que estar confinada.

Queremos alertar de que esta situación mantida no tempo, está a provocar gravísimas consecuencias no alumnado a nivel psicolóxico, social e curricular. As máscaras provocan fatiga, limitan o recoñecemento da linguaxe non verbal, provocan atrasos por falta de estimulación e de modelos de imitación e producen unha diminución da intensidade de son que afecta considerablente á comprensión e á adquisición das aprendizaxes.  Tamén queremos resaltar que as restricións aplicadas na socialización e mobilidade favoreceron que aumentara, tanto en nen@s coma en adolescentes a depresión, a ansiedade, o medo, os trastornos da alimentación, a adicións a novas tecnoloxías e a taxa de suicidios.

Desde o Colectivo Berro Seco amosámonos en contra de que se perpetúe esta dinámica de imposición de medidas sanitarias no ámbito educativo, xa que consideramos que aumentan a desigualdade social e que van en detrimento da calidade do ensino e da propia calidade de vida do alumnado e das súas familias.

Despois da publicación de RD115/2022 de 8 de febreiro, arredor de 8 millóns de nen@s e adolescentes deixaron de levar máscaras nos patios dos recintos educativos. A estas alturas son moitos os estudos científicos de médicos, biólogos e virólogos de todo o mundo que amosan os graves perxuízos, tanto físicos como psicolóxicos, de continuar nesta dinámica de imposición de medidas.

As nosas demandas como colectivo enmárcanse dentro do principio número 10 da Declaración dos Dereitos do Neno que di: “ O neno debe ser protexido contra as prácticas que poidan fomentar a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outra índole”.

Por todo o exposto anteriormente solicicitamos para o alumnado galego:

1.-Que os centros de ensino, en todos os niveis educativos, sexan lugares seguros para manter unha boa saúde tanto física como mental para o que é necesario a  supresión dos protocolos vixentes.

2.- Que se manteña a protección e privacidade dos datos sanitarios do alumnado.

3.- Que cesen as diferenzas entre alumnado vacinado e non vacinado tanto para decidir  confinamentos vs. vixilancias como para a realización de calquera actividade educativa.

 

Agradecémoslles de antemán a difusión das nosas propostas entre a comunidade educativa para que poidan ser debatidas en profundidade e para que se visibilicen os problemas que está xerando a implementación dos protocolos COVID nos centros educativos.

 

Santiago de Compostela, 18 de Febreiro de 2022

 


mércores, 9 de febreiro de 2022

Comunicado do Colectivo Berro Seco para reclamarlle ao presidente da Xunta a eliminación das restricións sociais e o fin de todo uso obrigatorio da máscara sanitaria nos centros educativos.

 

            Hai uns días coñeciamos que a Sociedade Catalá de Pediatría pedía o fin das restricións por mor da COVID-19 nas escolas. Reclaman as pediatras catalás retirar a máscara tanto dentro coma fóra da aula, eliminar os grupos de convivencia estable, e rematar coa estratexia de corentenas e test masivos.

             Onte enterabámonos de que, se ben o goberno do estado decidiu derrogar o decreto que obrigaba a levar a máscara en exteriores, e o facía extensivo ao patio dos colexios, a Xunta de Galicia persiste en obrigar as crianzas a seguir co tapabocas posto en todo momento, dentro e fóra da aula, ademais de seguir vixentes todas as outras medidas adoptadas nos protocolos COVID dos centros educativos (separación por grupos, prohibición de compartir material escolar, de xogo, comida etc., disciplina militar en canto a entradas e saídas do centro, circulación dentro do mesmo, ou uso dos baños e bibliotecas). Ademais, ao abeiro das medidas contra a COVID, na práctica as crianzas atópanse con que se pode prohibir calquera cousa "porque hai covid".

 


             Mentres nalgúns países da nosa contorna, coma o Reino Unido, e seguindo as recomendacións da OMS, que din que non hai evidencia de que o uso de máscaras en menores de 12 anos sirva para algo -os menores desa idade foron eximidos de usar as máscaras-, aquí leváronas e séguenas levando durante xornadas de 6, 8 ou 11 horas, se temos en conta as horas de escola/instituto, transporte escolar, actividades extraescolares. Nun momento onde é primordial a socialización para o desenvolvemento psicomotriz e da linguaxe, as nosas crianzas víronse reprimidas e sometidas ao illamento dos seus semellantes durante dous longos anos xa, o que para algunhas supuxo xa unha porcentaxe moi importante da súa vida. Durante todo este tempo non fixemos máis que recibir alarmantes noticias sobre as repercusións que todas estas medidas podían ter nas criaturas, e vimos como aumentaron os cadros de ansiedade e mesmo os suicidios en adolescentes. 

            As criazas e adolescentes levan recibido un forte impacto polas circunstancias da pandemia, o que nos parece máis grave aínda se temos en consideración que son a franxa de idade que menos enferma por causa da COVID, e na que menos grave é a doenza. A política de facer recaer sobre as crianzas a responsabilidade da transmisión, tratándoos como supercontaxiadores, é cruel e debe rematar xa. Débese protexer ás persoas vulnerables, pero nunca a costa da saúde dos nosos menores.

            Todas as vagas foron demostrando que a covid é unha doenza leve en nenos e nenas, e que o emprego de medidas excesivamente restritivas non consegue eliminar a transmisión pero si provoca problemas importantes sobre a saúde mental das nosas crianzas e adolescentes.

             Antes de rematar queremos facer as seguintes preguntas: Como é posible que a Xunta do Sr Feijoo defenda a supresión da máscara ao aire libre e acto seguido a siga impoñendo nos patios dos centros educativos? Iso non se considera espazo exterior?   

     

Reclamamos que se remate coas medidas restritivas no tocante á relación entre as persoas dentro e fóra da aula, que se supriman as máscaras e que se trate por igual a crianzas vacinadas e non vacinadas, sen impoñer medidas segregacionistas e coercitivas, como a de impoñer maiores corentenas a crianzas e adolescentes non vacinadas e sans.

Reclamamos tamén que en ningún caso se lle poida esixir pasaporte covid aos menores para acceder a ningún lugar, e que se deixe de presionalos e responsabilizalos polo que lles poida pasar aos maiores, cando o cometido da sociedade é, antes que nada, protexer a infancia.

 

 

Ligazóns de interese:

 

 https://www.savethechildren.es/notasprensa/save-children-alerta-de-que-la-pandemia-ha-triplicado-el-numero-de-trastornos-mentales

https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0031395521000808?via%3Dihub

https://www.sanidad.gob.es/biblioPublic/publicaciones/recursos_propios/resp/revista_cdrom/VOL94/C_ESPECIALES/RS94C_202010141.pdf

https://www.elindependiente.com/vida-sana/salud/2022/01/20/logopedas-y-pediatras-observan-un-retraso-en-el-desarrollo-del-habla-en-ninos-por-la-mascarilla-y-restricciones/?utm_source=share_buttons&utm_medium=twitter&utm_campaign=social_share&fbclid=IwAR1zCEDcyuNfH-4PEt2buH4UJeyY0-tdIdmknhuXbQ-VFn4eD4zLLgUS9zw

https://escuelaycovid.es/hacia-el-fin-de-la-excepcionalidad/

Campaña de recadación de diñeiro contra o Pasaporte Covid da Xunta de Galicia

 

O COLECTIVO BERRO SECO inicia unha campaña de recadación de diñeiro para axudar a sufragar os gastos derivados do contencioso administrativo contra o pasaporte covid da Xunta de Galicia. Pódense facer os ingresos na conta de nome comercial "CONTENCIOSO PASAPORTE COVID"  de Caixabank.

  



Presentan un recurso contencioso administrativo diante do TSXG contra o pasaporte sanitario

 A Asociación Eleuteria, o colectivo Berro Seco e Rede de Apoio Mutuo-Ferrol & Saúde Mutua  presentan un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza co apoio do colectivo social Co-mando Ghichas.

Este contencioso vaise tramitar polo procedemento especial de vulneración de dereitos fundamentais da persoa baseándose nas lexislacións, tanto nacionais como internacionais, que son quebrantadas por esta medida, aprobada por este tribunal a petición da Xunta de Galiza, que obriga á presentación do Pasaporte Covid para ter acceso a determinados espazos como centros deportivos, piscinas, hostalaría, albergues, ...e en situacións tan vitais como visitar e acompañar enfermos en hospitais ou visitar a maiores en residencias.

 

Os colectivos asinantes queren facer fincapé na inxustiza que supón unha medida segregadora que non ten a xustificación científica nin médica necesaria para impoñerse lembrando que a vacinación en Galicia non é obrigatoria e os estudos xa hai tempo que demostran que o estado de vacinación non inflúe nos niveis de contaxio. Así sinalan que Asemblea Xeral do Consello de Europa, sobre consideración éticas, legais e prácticas en relación coa COVID-19, acordou que se debe asegurar  que a cidadanía estea  informada de que a vacinación non é obrigatoria e de que ninguén poida estar baixo presión política, social ou de outro tipo para vacinarse se non o desexa.

O recurso ampárase e fundaméntase na lexislación vixente tanto constitucional como de diversos tratados internacionais, confronta as decisións tomadas polo tribunal e argumenta, con documentación científica e estudos médicos, a improcedencia desta medida. Presenta tamén unha comparativa entre Comunidades Autónomas do Estado e países con diferentes posicionamentos con respecto ao pasaporte Covid, demostrando que non hai unha relación directa entre os resultados con respecto aos datos da enfermidade e a aplicación desta medida polo que o pasaporte xa non se esixe noutras comunidades e países o que agrava a situación de discriminación.

Este contencioso preséntase con antelación á intención da Xunta de Galiza de solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza, en breve, unha nova ampliación das datas na que esta medida seguiría vixente.

 

Santiago de Compostela, 6 de Febreiro de 2022.

 

Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...