A Asociación Eleuteria, o colectivo Berro Seco e Rede de Apoio Mutuo-Ferrol & Saúde Mutua presentan un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza co apoio do colectivo social Co-mando Ghichas.
Este contencioso vaise tramitar polo procedemento especial de vulneración de dereitos fundamentais da persoa baseándose nas lexislacións, tanto nacionais como internacionais, que son quebrantadas por esta medida, aprobada por este tribunal a petición da Xunta de Galiza, que obriga á presentación do Pasaporte Covid para ter acceso a determinados espazos como centros deportivos, piscinas, hostalaría, albergues, ...e en situacións tan vitais como visitar e acompañar enfermos en hospitais ou visitar a maiores en residencias.
Os colectivos asinantes queren facer fincapé na inxustiza que supón unha medida segregadora que non ten a xustificación científica nin médica necesaria para impoñerse lembrando que a vacinación en Galicia non é obrigatoria e os estudos xa hai tempo que demostran que o estado de vacinación non inflúe nos niveis de contaxio. Así sinalan que Asemblea Xeral do Consello de Europa, sobre consideración éticas, legais e prácticas en relación coa COVID-19, acordou que se debe asegurar que a cidadanía estea informada de que a vacinación non é obrigatoria e de que ninguén poida estar baixo presión política, social ou de outro tipo para vacinarse se non o desexa.
O recurso ampárase e fundaméntase na lexislación vixente tanto constitucional como de diversos tratados internacionais, confronta as decisións tomadas polo tribunal e argumenta, con documentación científica e estudos médicos, a improcedencia desta medida. Presenta tamén unha comparativa entre Comunidades Autónomas do Estado e países con diferentes posicionamentos con respecto ao pasaporte Covid, demostrando que non hai unha relación directa entre os resultados con respecto aos datos da enfermidade e a aplicación desta medida polo que o pasaporte xa non se esixe noutras comunidades e países o que agrava a situación de discriminación.
Este contencioso preséntase con antelación á intención da Xunta de Galiza de solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza, en breve, unha nova ampliación das datas na que esta medida seguiría vixente.
Santiago de Compostela, 6 de Febreiro de 2022.
Ningún comentario:
Publicar un comentario