Publicacións populares

xoves, 23 de febreiro de 2023

BERRO SECO APOIA A FOLGA DE FAME DE MIGUEL ANXO ABRAIRA.

 

 

Miguel Axo Abraira, un dos fundadores de Berro Seco, vai levar adiante unha folga de fame baixo os lemas: Non á discriminación. Polo cumprimento dos prazos das administracións. A folga de fame ten como obxectivo chamar a atención sobre o incumprimento dos prazos que as administracións soen facer causando graves perxuidos e vulneracións de dereitos aos cidadás sen que recaia ningún tipo de responsabilidade sobre a persoa ou persoas responsables.

 


O detonante para que Miguel Anxo tomase unha decisión tan drástica ven motivada polo feito que en abril de 2019 solicitou unha licencia de obra maior ao Concello de Miño. O expediente aínda non se resolveu a día de hoxe. Van case 4 anos e a lexislación vixente establece o prazo de 3 meses para resolver este tipo de trámites. Cando Abraira solicitou o certificado de silencio administrativo ao Concello (tardou un mes en responder cando a lei establece 15 días) para iniciar a vía xudicial o concello  antes da súa emisión requiriu por segunda vez nova documentación alegando que faltaba documentos para completar o expediente. 

Os retrasos de meses en mover os papeis e o enredo documental foron unha constante durante este último ano. Os 3 primeiros o concello non  fixo ningún trámite e non atendeu os requirimentos verbais e escritos feitos por Miguel Anxo. O desprezo as formas foi tanta que mesmo dificultou o acceso á información á oficina do Valedor do Pobo.

Miguel Anxo Abraira botalle en cara ao Alcalde de Miño que se negue a recibilo  a vez que se nega en delegar a entrevista solicitada noutra persoa da súa equipa de goberno. Tamén pensa que negarlle aceder aos informes elaborados polos técnicos municipais sobre o seu propio expediente infrinxe a lexislación vixente, vulnera os seus dereitos e convirteo nun veciño discriminado toda vez que tales cousas non pasan dun xeito tan grave con outros veciños de Miño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Berro Seco co pobo Palestino!

Charla con LEILA GHANEM en Cangas. Berro Seco súmase a convocatoria e fai un chamamento a asistir ao acto con Leila Ghanem, que vai ter luga...