Publicacións populares

martes, 28 de novembro de 2023

O acordo internacional sobre pandemias da OMS. Un instrumento ao servizo das grandes farmacéuticas?



O domingo, 17 de decembro, Berro Seco organiza unha charla coloquio en Compostela para informar sobre o acordo internacional de pandemias que está en fase de negociación. Falaremos de como pode afectar nas políticas de saúde, comerciais, competencias....

Será ás 11,30 h na Casa do Taberneiro na rúa de San Pedro nº 15 de Compostela.

 A Asamblea Mundial da Saúde  (que ven a ser o maximo organo de decisión da Organización Mundial da Saude -OMS-), nunha reunión extraordinaria celebrada en maio do 2021, acordou esteblecer un organo de negociación internacional para redactar e negociar un convenio, acordo ou outro instrumento internacional da OMS sobre pandemias. Desde esa data, este órgano negociador ten moi avanzado un borrador de acordo para presentar na Asamblea Mundial da Saúde que se celebrará en maio do 2024. De aprobarse, e se o Estado Español o ratifica, será de obrigado cumprimento e suporá ceder competencias en materia de políticas de saúde á Organización Mundial da Saúde, que hoxe é un instrumento ao servizo das grandes farmacéuticas que son quen financia en moi grande medida os orzamentos da OMS. Este acordo tamén vai ter repercusións en materia de sanidade animal, a través do principio de "unha sóa saúde". 

Como sempre, a negociación está transcurrindo sen dar información e sen debate público de ningún tipo.  

Ao remate da charla-coloquio Berro Seco organiza unha asemblea aberta para tomar acordos do traballo a desenvolver nos vindeiros meses como colectivo comprometido con un sistema sanitaro científico que non obedeza os ditados dos intereses económicos das coorporacións farmacéutucas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS MENTIRAS QUE TAPABAN AS BOCAS

  Pasaron catro anos desde a pandemia; momento no cal o goberno se dedicou a   taparnos a boca co obxectivo de que a cidadanía non puidésemo...