Desde o Colectivo Berro Seco queremos denunciar publicamente a FARSA POLÍTICA que se escenificou onte no Congreso dos Deputados ao aprobarse, tal e como se fixo, a continuidade de usar obrigatoriamente a máscara sanitaria no exterior.
Entendemos que vincular na mesma votación a revalorización das pensión e a continuidade da obrigatoriedade do uso da máscara sanitaria é un acto antidemocrático, xa que nada ten que ver unha cousa coa outra.
Xuntar as dúas votacións foi a connivencia perfecta entre a esquerda e a dereita. O goberno e os seus socios usaron as pensións para sacar adiante a máscara e as dereitas na oposición usaron a máscara para votar en contra das pensións.
Entendemos que o goberno de Pedro Sánchez está intentando lavar a pésima imaxe que está ofrecendo desde o inicio da pandemia. Xa que logo, RECLAMAMOS que se deixe de perverter a DEMOCRACIA con subterfuxios parlamentarios. Denunciamos, tamén, a actitude dos partidos políticos colaboracionistas neste atropelo das regras democráticas, xa fose votando favorablemente ou absténdose. Esixímoslles pois, a todos os partidos políticos que teñen representación no Congreso dos Deputados que expliquen a súa posición sobre o acontecido onte no Congreso e sobre o uso obrigatorio da máscara sanitaria, cando existen ducias de informes que demostran a ineficacia desta medida na transmisión da COVID19 á vez que pode conlevar riscos innecesarios para a saúde, especialmente das crianzas e dos adolescentes.
Santiago, 2 de Febreiro de 2022.
Toda este teatro montado para, o día seguinte: "La ministra de Sanidad, Carolina Darias, ha anunciado este viernes que el próximo jueves, 10 de febrero, las mascarillas ya no serán obligatorias en el exterior". Quérennos volver tolos...
ResponderEliminarPor fin algunha parte da esquerda espabila! Máis val tarde..
ResponderEliminar